Los días 11 y 12 de Mayo se celebro la fiesta del Pan.
O Concello de Carral naceu como tal no ano 1836, sendo o gobernador civil Pio Pita Pizarro o encargado de fixa-la súa demarcación seguindo a división administrativa que fixera en España Xabier de Burgos. O nome de Carral débese a que o núcleo de poboación que serve de capital municipal, se atopa no camiño que une Santiago coa Coruña, e polo que circulaba a Carrilana.
O Municipio de Carral está situado na parte centro-norte da comarca setentrional da provincia da Coruña, a 17 quilómetros da capital provincial, e delimitando co Concello de Cambre polo norte, con Ordes ó sur, Abegondo ó leste, Cerceda ó oeste e co municipio de Culleredo no noroeste. Ocupa unha superficie total de 48 Km2, que representa o 0,6% da provincia. Está formado por oito parroquias: Veira (9,735 Km2), Tabeaio (5,016 Km2), Cañás (3,338 Km2), Paleo (8,172 Km2), Quembre (5,118 Km2), San Vicente de Vigo (4,760 Km2), Sergude (2,481 Km2) e Sumio (9,334 Km2). Conta cunha poboación total de 5.592 habitantes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario